Este sábado día 23 dende 20:00h as 22:00h terá lugar a miña próxima charla englobada nas actividades de Nocturnia, en A Coruña.

A conferencia, que terá lugar no Espazo de Iniciativas Xuvenís. Rúa Matadero 68, Bj., leva por nome: “Dragon Ball: o cine e as súas influencias”, será unha viaxe a través das influencias cinematográficas do manga e do anime Dragon Ball, un percorrido apasixoante no que o cine fantástico e ciencia ficción cobra vital importancia para descubrir secretos da historia xaponesa máis popular. A través de películas tan icónicas coma Mad Max, Dune, Terminator, Metropolis, Gozilla ou Superman, coñeceremos as conexións que existen entre estes filmes clásicos e o manga e anime más coñecido e iconico .

Se queredes asistir e tedes entre 12 e 30 anos, podedes facelo inscibíndoos neste enlace que vos deixo a continuación.